Galerías de arte e anticuarios

As compras máis especiais: arte e antigüidades

As galerías de arte e anticuarios en Vigo son numerosos e posúen unha oferta sorprendente para ser unha cidade industrial. Ao visitar Vigo non só poderás gozar dunha longuísima lista de museos e fundacións artísticas: o empuxe cultural privado non se queda curto. Vigo conta con preto de 20 galerías de arte privadas, nas que ademais de poder ver as exposicións dos artistas galegos máis punteiros, podes descubrir talentos e comprar obras de arte nacionais e internacionais.

Tamén atoparás almoedas e anticuarios onde transportarte ao pasado e encontrar pequenos tesouros.

Amosar como listado
Pistas e recomendacións: 

A maioría das galerías e anticuarios atópanse no Vigo Histórico, aproveita o percorrido para recrearte nas fachadas dos edificios emblemáticos máis característicos do Ensanche ou coas antigas casas señoriais do barrio histórico.

Información práctica: 

Consulta a programación de exposicións nas propias galerías.