Praias de Vigo

Aínda non coñeces as praias de Vigo? Son un dos maiores atractivos da cidade. As praias da ría de Vigo sorprenderante: nada que ver con outros areais urbanos pouco atractivos, incómodos ou abarrotados. A 10 minutos do pleno centro de Vigo, as praias son de area branca e fina, augas transparentes e para todos os gustos: praias familiares, calas salvaxes, areais con ondas para practicar deportes acuáticos e tamén praias nudistas. En 2021, 10 praias de Vigo foron distinguidas coa bandeira azul pola calidade das súas augas, a información e educación ambiental, a xestión ambiental e seguridade, servizos e instalacións.

Hai praias en Vigo que podes percorrer unha tras outra pola liña da costa: por exemplo, desde a praia do Adro en Bouzas ata o final do longo areal de Samil: quilómetros de senda litoral para facer camiñando a carón do mar.

Presentámosche unha selección variada das praias de Vigo. Podes coñecelas todas a través da web do Concello de Vigo.

Descubre ademais as fabulosas e salvaxes praias de Cíes, no Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Pistas e recomendacións: 

Se che gusta a pesca deportiva ou o mergullo, non podes perderte as nosas praias. Iso si, leva un neopreno para mergullar, lembra que nadas nas augas do Atlántico.

Paseando polas rochas, poderás descubrir produtos do mar que fixeron famosa a Vigo: camaróns, pequenos mexillóns de rocha e os populares caramuxos, un humilde pero saboroso bocado de mar.