Praia da Sobreira e o Xunqueiro

As praias tranquilas de Cabo Estai

As pequenas praias da Sobreira e O Xunqueiro están en Cabo Estai, unha zona residencial privilexiada na que, aínda que pareza mentira, se pode atopar tranquilidade incluso no máis atestado día de praia.

Quizais non resulten tan espectaculares como O Vao ou Samil, pero teñen encanto: son calas de ambiente relaxado, con fácil acceso e aparcamento. Ademais, os seus fondos rochosos as converten en praias ideais para o mergullo.

Ao teu paso, verás espectaculares vivendas en primeira liña de praia, lugares de residencia e veraneo excepcionais.

Máis información sobre A Sobreira

Máis información sobre O Xunqueiro

Pistas e recomendacións: 

Para chegar en coche a Cabo Estai, pódese tomar como referencia a praia de Canido e, ao pasala, seguiremos de fronte pola costa.

A primeira das calas de Cabo Estai é coñecida como ‘a praia dos médicos’, porque a zona era a favorita destes profesionais para facer as súas casas nas últimas décadas do século XX.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Dimensións A Sobreira: 200x25m  

Dimensións O Xunqueiro: 570x10m

Liñas de autobús urbano: 
L11