Praia do Baluarte
Reláxate nunha praia tranquila
A praia do Baluarte é unha agradable e discreta praia á que se accede por unha pasarela sobre as dunas e pódese practicar nudismo. Aínda que é improbable que che indiquen como chegar utilizando ese topónimo: pregunta pola ‘praia do Breadouro’, que é un bar dos de sempre desde o que se pode acceder ao areal, ao que terminou por dar nome.
Esta praia está xusto entre os areais do Vao e a Sereíña, e aínda que non ocupa máis de 120 m de longo por 45 de ancho, é moi coñecida por ser unha praia tranquila á que levar un libro e gozar do sol. E cun bar a dous pasos para refrescarte ou comer algo na praia.
A praia do Baluarte é unha cala resgardada e discreta, polo que, ao igual que na Fontaíña, aínda que non sexa unha praia nudista exclusivamente, hai un ambiente tolerante e verás a moitos usuarios nudistas.
Podes acceder camiñando desde o final do Vao e tamén desde a Sereíña, a través do paseo que discorre paralelo ao mar.
Información práctica
-
C/ Canido
Dimensións: 120x45m