Sardiñas asadas
O prato que máis sabe a verán son as sardiñas asadas, a receita coa que se celebra a noite de San Xoán xunto ás fogueiras.
Ingredientes: sardiñas, sal mariño.
Limpa as sardiñas pasándoas por auga (mellor auga de mar). Sálgaas abundantemente unhas horas antes. É mellor asalas ao aire libre, xa que desprenden un olor intenso.
Prepara as brasas e cando estean listas, coloca as sardiñas na grella, aliñadas alternando cabezas e colas.
Deixa que se fagan por un lado e dálles a volta, con coidado e decisión, para que se fagan tamén polo outro.
Sirve en quente, acabadas de saír da brasa, sobre pan de millo ou nunha bandexa con "cachelos" (patacas do país cocidas con sal e loureiro).