MERCADOS

Deixarse levar polo colorido das luces non é a única maneira de gozar do ambiente do Nadal en Vigo. Os mercadillos de nadal son todo un clásico nestas datas e en Vigo hai varios que enchen as rúas de bulicio e transforman a paisaxe da cidade.

  • Cíes Market

É o maior mercadillo do Nadal en Vigo. Atoparalo na Praza de Compostela e dispón de máis de 100 postos nos que encotrarás de todo: gastronomía, figuritas de decoración do Nadal, roupa, chuches, até postos de flocos de millo e castañas.

Horarios:

Laborais: de 17:00 a 22:30. Do 21 de decembro ao 16 de xaneiro, peche ás 23:00.

Venres, sábados e vésperas de festivos: de 11:00 a 00:30.

Domingos e festivos: de 11:30 a 23:30.

24 e 31 de decembro: de 11:00 a 20:00. 5 de xaneiro: apertura ás 11:00, peche ás 22:00.

  • Vialia

Pérgolas adornadas con luces iluminan ata 75 postos de comida, artesanía e agasallos. Tamén hai unha árbore de Nadal de 15 metros na zona.

Horarios:

Laborais: de 17:00 a 22:30. Do 21 de decembro ao 16 de xaneiro, peche ás 23:00.

Venres, sábados e vésperas de festivos: de 11:00 a 00:30.

Domingos e festivos: de 11:30 a 23:30.

24 e 31 de decembro: de 11:00 a 20:00. 5 de xaneiro: apertura ás 11:00, peche ás 22:00.

  • Bouzas

Na Alameda de Bouzas atoparás un total de 15 postos, con decoración de Nadal, gastronomía e artesanía onde atopar agasallos orixinais para este Nadal.