Praia de Samil

Un día en familia na praia de Samil

Samil é a praia para familias máis famosa de Vigo e a máis grande da cidade, con máis de 1 km de longo e 15 m de ancho. Se buscas unha praia en Vigo para nenos, Samil está feita á túa medida. É a máis animada durante todo o ano, xa que ás vantaxes do enorme areal súmase o seu equipamento: tres piscinas, canchas de baloncesto, pista de patinaxe, aparcamento gratuíto, restaurantes, cafeterías, zonas verdes… En cuanto sae o sol, a praia énchese de vida, e os suaves invernos en Vigo saben moito de tardes de sol.

Tamén está moi preto do centro, por se non dispós de moito tempo na túa escapada a Vigo, e moi ben comunicada con transporte público.

Máis acerca da Praia de Samil

Pistas e recomendacións: 

O Museo Verbum é unha orixinal proposta cultural en Samil.

Nas mañás soleadas de inverno, non deixes de ir ás terrazas de Samil para o aperitivo. É un costume típico en Vigo.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

  • Avda. de Samil, 15

Dimensións do areal: 1.115x15m

Liñas de autobús urbano: 
L10 y C15