Candeán

As mellores vistas da ría de Vigo

Candeán ofrece as mellores vistas da ría de Vigo. Dúas cumes flanquean este barrio de natureza: os montes da Madroa e O Vixiador. Ademais, Candeán conserva as pegadas de asentamentos prehistóricos nos seus petróglifos e dolmens, así como os restos dunha construción medieval defensiva. Un dos seus maiores reclamos é o zoo de Vigo, o único de Galicia, aínda que tamén é coñecida por albergar as instalacións deportivas auxiliares do Celta de Vigo, onde o equipo adestra cada mañá: pregunta polo campo da Madroa (está moi preto do zoo).

Pistas e recomendacións: 

O cruceiro do cemiterio data do século XIX, é un dos dous que se conservan na parroquia, na que tamén verás o monumental dolmen coñecido como Casa dos Mouros, na Madroa.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Habitantes: 4.602 

Liñas de autobús urbano: 
L28