Cabral

O cinto verde de Vigo

Cabral é a máxima expresión da natureza en Vigo. O seu topónimo remítenos a un contorno rural, unha parroquia verde: hai fabulosas zonas verdes diseminadas por toda a área, dos montes de Cotogrande ao Gorxal, Loureiro ou Freiría. Neses campos e lombas, durante séculos pastou o gando e viviuse da agricultura, como testemuñan os case cen hórreos que hai no barrio. Pero o seu pasado rural e gandeiro deu paso a un presente no que, pola súa estratéxica situación, Cabral alberga algunhas das infraestruturas máis importantes de Vigo, como o aeroporto de Peinador e o Instituto Feiral de Vigo.

Se viaxas a Vigo entre a última semana de agosto e a primeira de setembro, non perdas as dúas grandes festas gastronómicas en Cabral: a Festa do Pan de Millo e a Festa do Xurelo.

Pistas e recomendacións: 

En Cabral atoparás hórreos (case todos con máis de cen anos), lavadoiros antigos, petos de ánimas’… A maioría catalogados como elementos etnográficos de interese. Entre as fontes máis curiosas está a do Camiño de Ánimas, escavada baixo terra. Ademais, nas ladeiras de Cotogrande, hai dúas necrópoles megalíticas, unha con dúas mámoas e outra con tres.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Habitantes: 6.951 

Liñas de autobús urbano: 
C15C