Sárdoma

Patrimonio na ribeira do río Lagares

O río Lagares atravesa a chaira sobre a que se asenta Sárdoma, unha parroquia que, pese ao desenvolvemento industrial marcado pola beira do río, mantén o seu carácter rural. Ten un interesantísimo patrimonio arquitectónico, herdanza do feudalismo que derivou no control señorial da parroquia, na que proliferaron os pazos. De entre os que se conservan destacan especialmente dous do século XVIII: A Raposeira e San Roque. Este último é o centro dunha das maiores devocións da cidade: a que teñen os vigueses polo patrón popular, xa que non oficial, da cidade. A festa de San Roque, en agosto, é un auténtico espectáculo que non debes perderte.

Pistas e recomendacións: 

A ponte medieval de Sárdoma, construída entre os séculos XII e XIII, aínda está en uso, e o conxunto parroquial (igrexa, atrio con cruceiro e casa reitoral do século XVIII) ofrece unha interesante torre campanario arrimada á fachada. Ademais, hai outro cruceiro, o da Laxe, ao que se lle atribúen curacións milagrosas.

O paseo do río Lagares levarate ata a praia se segues todo o percorrido da Senda Azul.

Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica

Habitantes: Ao redor de 2.000