Vigo Barrios

Explora os barrios de Vigo

A esencia de Vigo está nos seus barrios. O complexo proceso de crecemento da cidade e a súa distribución en parroquias deixounos postais tan singulares como unha horta ou un curral de galiñas a menos de 200 metros da principal arteria da cidade, a Gran Vía. Ou fermosas aldeas como Cabral, en contraste con incansables barrios traballadores como Teis, forxados no Vigo Industrial; ou vilas históricas como Bouzas que, sen perder o seu peculiar carácter mariñeiro, hoxe forman parte de Vigo.

Non te quedes só co centro e aventúrate a visitar os barrios de Vigo, gran parte da súa riqueza cultural e diversidade de opcións de ocio residen nas particularidades das súas parroquias.

Cíes Teis Candeán Cabral Lavadores Sárdoma Bembrive Zamans Beade Valadares Castrelos Matamá Freixeiro Vigo Centro Coia Bouzas Alcabre Comesaña Navia Coruxo Oia Saiáns

Páxinas