Festas de Bouzas

Déixate enfeitizar polos Fogos de Bouzas

As festas de Bouzas son, seguramente, as festas máis famosas de todos os barrios de Vigo grazas a gran espectáculo pirotécnico que as pecha: os fogos de Bouzas. Celébranse durante a segunda quincena de xullo e durante 5 longos días enchen o barrio de postos de comida, bares ao aire libre, atraccións para nenos (e non tan nenos) e de verbenas.

A fieita celébrase en honor ao Cristo dos Aflixidos, e hai unha misa solemne, moi concorrida, o domingo. O mesmo día en que, desde media noite, o ceo se tingue de cores cos famosos fogos de Bouzas. Non faltes se estás en Vigo esa fin de semana, son impresionantes!

Pistas e recomendacións: 

Se queres ver ben os fogos artificiais, ten en conta que Bouzas se enche de xente esa noite. Así que, unha boa opción é velos desde calquera punto alto da cidade, como o Monte do Castro, no centro de Vigo, xa que o espectáculo é visible desde calquera lugar da ría.

Algunhas empresas de alugueiro de embarcacións ofrécenche a oportunidade de ver os fogos de Bouzas desde o mar. Se viñeches a Vigo coa túa parella, pode ser o plan perfecto.

.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo