Locais con actuacións en directo

Locais de concertos en Vigo

Vigo é unha cidade para amantes da música: existen decenas de locais con actuacións en directo en Vigo, nos que gozar das túas noites, a súa xente e o bo son. Por algo no Madrid dos anos 80 coreábase: “Movida escríbese con V de Vigo!”.

Desde entón, pasaron máis de tres décadas, e a consigna segue en vigor: Vigo é o centro musical do noroeste español, a cidade con máis bandas e máis locais con música en directo de Galicia.

Presentámosche unha selección dos locais máis coñecidos e con máis programación de concertos en Vigo… Pero non te sorprendas se escoitas soar a batería ao pasar ante calquera outro: en Vigo organízase un concerto cada minuto!

Amosar como listado