SÍRVASE BEN FRÍO ... PARA QUE QUENTE

Turismo de Vigo

Xa chegou o inverno a Galicia e con el, montañas verdes que se funden co mar, olas que rompen contra os acantilados e aire limpo e fresco.

Onde os bares e cafeterías son ideais para escapar do frío e pasar grandes momentos con amigos e familiares. E se en Galicia sabemos de algo, é de reunións e celebracións ao redor dunha mesa. Ven a Vigo e goza dun ritual gastronómico no que o último invitado á mesa sempre é un bo licor.

Propoñémosche as 5 mellores bebidas para temperar o frío do inverno e axudarche a facer a dixestión. Todas elas elaboradas a partir de receitas antigas que foron transmitidas de xeración en xeración:

-   Licor café: realízase mediante maceración de café de tostadura natural no alcohol e/ou destilación do bagaño.

-   Licor de herbas: elaborado mediante maceración de 15 variedades de herbas aromáticas e especias (entre as que están: menta, manzanilla, herba luísa, romeu, ourego, tomiño, coandro, azar, fiúncho, regalicia, noz moscada e canela) en 100% augardente de bagaño.

-   Augardente tostada: obtense pola destilación conxunta do bagaño de albariño coa mesma mestura de flores, herbas e especies da augardente de herbas. 

-   Crema: base láctea e augardente de bagaño

-   Queimada: a única das catro bebidas que se serve quente. Bebida máxica para espantar aos malos espíritos.

Xa tes cinco motivos máis para visitar Vigo no inverno!

Etiquetas: