VIGO EN TAXI

Turismo de Vigo

A comodidade do taxi é unha boa opción para coñecer Vigo, especialmente recomendable para familias con rapaces pequenos, para os que teñen dificultades ou simplemente para aqueles aos que non lles apetece andar. Os prezos ofrecidos por Radio Taxi son para un taxi no que caben ata catro persoas. Se o precisas, existen taxis adaptados a discapacitados; abonda con reservalos cunha hora de antelación.

Escolle o percorrido que máis che guste e goza dunha ruta personalizada ao teu ritmo.

MIRADOIROS DE VIGO

(40 km, 4 paradas de 15 minutos cada unha)

Este tour permíteche acceder a lugares privilexiados, de difícil acceso polas súas costas, pero con vistas tan impresionantes e marabillosas que non quererás esquecelas nunca.

Saída e regreso ao peirao de transatlánticos: visita aos miradoiros da Guía, da Madroa, monte do Castro e monte dos Pozos.

PREZO: 80 €

TOUR PANORÁMICO

(30 km, 4 paradas de 15 minutos cada unha)

Unha excelente elección para ver o máis destacado da cidade en pouco tempo e con comodidade.

Saída e regreso ao peirao de transatlánticos. Visita o centro da cidade, o monte do Castro, o parque de Castrelos e as praias de Samil e Canido.

PREZO: 60 €

Etiquetas: