Actualidade

xoves, 10 Decembro, 2015 - 15:42
Turismo de Vigo

O  2015 chega ao seu fin, e hai que despedilo como se merece. Se levas tempo pensando en pasar o último día do ano fóra de casa, non o dubides máis! Escápate a Galicia, o destino ideal para celebrar a chegada do Aninovo dunha forma diferente e romper coa túa rutina. En Vigo atoparás un plan perfecto para ti, calquera que sexa a compañía elixida (en parella, con amigos ou en familia).

Esperámosvos!

Comeza a planificar o teu...

martes, 8 Setembro, 2015 - 13:48
Turismo de Vigo

               Os arroaces son unha especie da familia dos golfiños aos que lles encanta pasear polas costas galegas. Aínda que as súas aparicións son pouco frecuentes e arbitrarias, un dos mellores espectáculos dos que se pode gozar nas Rías Baixas é ver de cerca a algún dos grupos de arroaces que, sobre todo no verán, achéganse á costa en busca de bancos de sardiñas ou para dar a luz ás súas crías nas tranquilas augas da Ría de Vigo.
 

               Se...

mércores, 10 Xuño, 2015 - 13:17
Turismo de Vigo

Se vas pasar varios días nas Rías Baixas e queres visitar os seus lugares máis emblemáticos, recomendámosche que establezas a túa base en Vigo, polo seu encanto e polas súas boas comunicacións con outras poboacións. Atoparás unha chea de opcións e plans “low cost” que farán que dediques varios días a descubrir esta cidade. A maior urbe de Galicia conta con opcións de aloxamento para todos os petos. Se buscas un lugar económico onde durmir, en Vigo podes elixir entre albergues, pousadas ou cámpings...

mércores, 13 Maio, 2015 - 20:41
Turismo de Vigo

A arte de tomar as ostras naceu en Vigo no barrio histórico. Non se sabe desde cando, pero xa eran famosas entre a tropa francesa durante a Reconquista! Na rúa da Pescadería ou das ostras desfrútase ao mediodía destes deliciosos bivalvos acompañados dun bo albariño, un ribeiro ou unha cana de cervexa. É todo un espectáculo o das ostreiras a abrir o seu fresquísimo produto con incrible habilidade e rapidez, moi celebrada pola multitude de clientes que apenas teñen que agardar mentres se despachan centos de ostras...

Páxinas