UN CONCERTO AO AIRE LIBRE EN CASTRELOS
luns, 13 Maio 2024
Os concertos en Castrelos son únicos: se tes a sorte de que a túa estancia en Vigo coincida cunha noite de concerto no Auditorio de Castrelos, nin o penses, vai!
Castrelos é o único auditorio ao aire libre de Vigo, un lugar máxico. Está situado en pleno Parque de Castrelos e ten unha parte de pago con aforo para unhas 5.000 persoas, pero detrás deste enorme foso hai gradas de acceso gratuíto para máis de 10.000 persoas.
O Auditorio de Castrelos recibiu a Oasis, Metallica, Leonard Cohen, Franz Ferdinand o Maná , entre unha longuísima lista de artistas internacionais. Algúns, como Mike Oldfield, namoráronse deste auditorio de tal forma que, aínda viñan a tocar a outro escenario, cambiaron de plans e deron o seu concerto neste fermoso recinto, que imita os teatros romanos.
Pistas e recomendacións:
No Parque de Castrelos, tamén encontrarás o Pazo-Museo Quiñones de León e tes á túa disposición varios xardíns e sendas para pasear.
Datas concertos de Castrelos 2024
- 13 de xullo: Dani Fernández
- 20 de xullo: Coral Casablanca
- 23 de xullo: Luis Fonsi
- 25 de xullo: Sen Senra
- 2 de agosto: Luz Casal
- 3 de agosto: Aitana
- 9 de agosto: Rigoleto
- 14 de agosto: Víctor Manuel
- 16 de agosto: Vetusta Morla y Xoél López
- 17 de agosto: Melendi