Ponte medieval de Sárdoma
Atravesa o Lagares por unha ponte medieval
A ponte medieval de Sárdoma é unha das xoias de arquitectura civil de Vigo: en uso polo menos desde o século XII (crese que se erixiu sobre unha antiga ponte romana), é un segredo tamén para moitos vigueses. Paga a pena descubrilo, xa que, ademais, o contorno no que se sitúa é realmente fermoso.
A ponte de Sárdoma construíse para cruzar o río Lagares polo leste, e está moi preto dun antigo pazo, culpable, segundo a tradición, de que se asfaltase a ponte para acceder con máis facilidade ao inmoble. Afortunadamente, a capa de asfalto desapareceu e esta púente de 10 m de longo, con dous arcos de medio punto, segue estando en uso tras séculos e séculos sobre o río.
O río Lagares atravesa a parroquia de Sárdoma, unha zona que conservou o seu encanto rural pese ao desenvolvemento industrial marcado polas empresas instaladas nas beiras do río. En Sárdoma nace a senda xunto ao río Lagares que desemboca nas praias, converténdose na Senda Azul.
Información práctica
-
Cno. de Carreiros (Sárdoma)