BUS TURÍSTICO DE VIGO

Turismo de Vigo

Apetéceche un tour panorámico de Vigo? Se viaxas a Vigo con nenos ou simplemente non che apetece camiñar, o bus turístico de Vigo é unha excelente elección para ver o máis destacado da cidade con comodidade. 

Desde a planta descuberta do bus turístico de Vigo poderás visitar algunhas das zonas máis emblemáticas da cidade. Grazas ao sistema de locución, dispoñible en varios idiomas, descubrirás que  entre as rúas Policarpo Sanz e García Barbón se concentra a maior parte da oferta museística de Vigo, así como a identidade destes dous personaxes. A ruta turístico pasa polo mellor miradoiro sobre a ría de Vigo, descubrirache a auténtica cidade en barrios como Bouzas e levarte ata as marabillosas praias de Vigo.

Información práctica: 

Cando: Do 1 de xuño ao 30 de setembro

Horario: Todos os días ás 10:00 / 12:00 / 16:30 / 18:30.

Inicio: r/ Cánovas del Castillo, 3. (Estación Marítima de Ría)

Precio 7,50 € adultos. Nenos entre 5 e 14 anos 4 €

Duración do percorrido: 2h.

O billete é válido para todo o día e se merca directamente no autobús ou online: https://www.woutick.es/