Oia
Litoral, natureza e patrimonio
Oia é sinónimo de costa, natureza e patrimonio. Esta parroquia de Vigo baseou o seu crecemento en dúas industrias: a conserveira e a do liño… de aí o topónimo Liñares, tan común na zona, e nome tamén da capela onde se celebra a popular romaría do barrio, en setembro. Oia é unha zona de orografía complexa e rico contorno natural, na que se sitúa un dos xacementos romanos máis importantes de Vigo, o da Vila Romana de Toralla, que se atopa na coñecida como Finca Mirambell.
Oia conquistarate polos ollos… e polo padal. En lugares como Canido poderás comer os mellores produtos do mar da ría de Vigo. Mariscarías, tascas e taparías agárdante tras un plácido día nas praias da zona, como A Sobreira e O Xunqueiro, en Cabo Estai, unha zona residencial en primeira liña de costa.
Información práctica
Habitantes: Algo máis de 4.000