Freixeiro

Das casas señoriais ao maior centro comercial de Vigo

Freixeiro é o barrio de Vigo no que o rural e o urbano se dan a man. En poucos lugares de Vigo verás máis claro o choque do pasado rural da cidade co seu frenético crecemento dos últimos dous séculos: nun lado de Gran Vía, a cidade máis moderna sobe e baixa sen deterse… e, no outro lado, o Vigo de antigos pazos, de casas con fincas onde aínda se pode ver o gando pastando. Un Vigo cheo de encanto, autenticidade, tradición…

…E modernidade! A un paso tes unha das maiores zonas de compras de Vigo: o Centro Comercial Gran Vía.

Pistas e recomendacións: 

O pazo da Pastora ou Santo Tomé, do século XIV, chamado antigamente Torre de Busteu. O seu propietario foi Pedro Álvarez de Soutomaior, coñecido como Pedro Madruga.

Se che interesa a etnografía, non deixes de visitar o Museo Liste.

Turismo de Vigo

Información práctica

Habitantes: 5.766 

Liñas de autobús urbano: 
C1