Monumento ao traballo
Os mariñeiros de Ramón Conde na Gran Vía
O Monumento ao traballo é o gran monumento de Vigo: fala do seu orgullo como cidade industrial, da súa xente traballadora, do seu vínculo co mar… A escultura de Os Redeiros, como se coñece comunmente, é unha dos nosos sinais de identidade. Esta obra de Ramón Conde, é un dos monumentos máis rechamantes de Vigo, tanto polo seu tamaño como pola representación épica dos 7 mariñeiros que tiran dunha rede para sacar os peixes do mar.
Instalada a comezo da Gran Vía, unha das principais rúas da cidade, este gran monumento vigués rende homenaxe ás duras vidas dos traballadores do mar desde os seus 8,50 m de alto e os seus 3 m de longo.
Outro dos traballadores máis famosos de Vigo está na Praza de Eugenio Fadrique, máis coñecida como a Praza da Industria, e está dedicada aos traballadores do metal. É obra de Guillermo Steinbrüggen.
Información práctica
-
C/ Gran Vía