Churrasco

O churrasco en Vigo é un prato imprescindible: encontrarás múltiples asadores nos que probar un fabuloso churrasco, ou servirte das grellas dos parques forestais para elaborar o teu propio asado tradicional de carne á brasa. Pode ser de carne de tenreira galega, de porco, ou mixto.

Adobo para churrasco: o único secreto para o churrasco é preparar un bo adobo a noite anterior, con pirixel, viño branco, allo e sal groso. Un bo corte de costelar e a brasa ao aire libre farán o resto.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo