Actualidade

venres, 22 Agosto, 2025 - 11:30
Turismo de Vigo

Degusta en Vigo o auténtico mexillón de batea

mexillón é o rei da ría de Vigo. Cultivado con coidadas técnicas tradicionais nos centenares de bateas que salpican a costa de Vigo, o mexillón pódese degustar de decenas de formas distintas. A Festa do Mexillón de Vigo, que se celebrará o próximo 7 de setembro no parque de Castrelos, é a mellor forma de coñecer que é unha típica mexilonada. En palabras dun dos escritores galegos máis universais, Álvaro...

sábado, 2 Agosto, 2025 - 10:15
Turismo de Vigo

Vas co monopatín ou coa bici a todas partes? Es unha máquina do break dance? Entón non podes faltar á cita co maior festival de deporte urbano do norte de España. O marisquiño

Escapa a Vigo do 7 ao 10 de agosto e goza cos teus amigos dun ambiente incrible, aprende novas técnicas dos teus ídolos do deporte urbano e descubre os mellores recantos para patinar, adestrar e pórte a proba. No monte do Castro ou en Navia atoparás ramplas e a tranquilidade para practicares coa bici ata o anoitecer. Tamén podes...

sábado, 24 Maio, 2025 - 15:29
Turismo de Vigo

En toda Galicia celebramos con rituais máxicos ancestrais a Noite de San Xoán, que sinala o comezo do verán e do triunfo da luz solar. O lume, a auga e as herbas aromáticas convértense en sortilexios da boa sorte para as colleitas que se aveciñan. Podes gozar das fogueiras e das sardiñas con pan de millo e viño tinto en todos os recunchos de Vigo.

Pero antes tes que subir ao faro das Cíes para ver a primeira posta de sol do verán no Atlántico e a chegada da noite máis curta. A baixa contaminación...

xoves, 8 Maio, 2025 - 16:15
Turismo de Vigo

 

San Xoán en Vigo é unha experiencia máxica. A tradición de celebrar a noite máis curta do ano remóntase a épocas moi anteriores ao cristianismo, coa celebración do solsticio de verán, na noite do 23 ao 24 de xuño. Os nosos antepasados temían que o sol non volvese ao seu total esplendor. Por esta razón, iniciaban ritos de fogo purificadores ao atardecer, para simbolizar o poder do sol e axudarlle a renovar a súa enerxía.

Vigo celebra San Xoán con entusiasmo, en torno ás fogueiras e...

Páxinas