5 Plans en familia para disfrutar do Día da Nai en Vigo:

Turismo de Vigo

Descubre 5 experiencias en Vigo para regalar o Día da Nai que, seguro, ¡lle encantarán!

1. FUNDACIÓN SALES. Explora o xardín máis exótico.

Nos anos 60, un arquitecto paisaxista chamado Francisco de Sales Covelo deseñou e construíu, preto da praia de Samil, unha casa de aspecto rústico a base de materiais reciclados. Ao seu redor, creou un peculiar xardín, cheo de plantas e árbores singulares que conforman un lugar cheo de recunchos e refuxios para o corpo e o espírito. Nacía así a Fundación Sales.

Este fermoso xardín urbano ofrece sendeiros con especies de remota procedencia que farán as delicias de toda a familia. Tamén podes mercar algunhas delas no invernadoiro e aproveitar para regalarlle a mamá unha flor e un recordo do voso día xuntos.

2. UN DÍA EN FAMILIA NA PRAIA DE SAMIL

Samil é a praia para familias máis famosa de Vigo e a máis grande da cidade, con máis de 1 km de longo e 15 m de ancho. Se buscas unha praia en Vigo para nenos, Samil está feita á túa medida. É a máis animada durante todo o ano, xa que ás vantaxes do enorme areal súmase o seu equipamento: pistas de baloncesto, pista de patinaxe, aparcadoiro gratuíto, restaurantes, cafeterías, zonas verdes… En canto sae o sol, a praia énchese de vida, e os suaves invernos en Vigo saben moito de tardes de sol.

3. EXPERIENCIAS EN BICI. Descubre a beleza de Vigo a golpe de pedal

Varias empresas de alugueiro ofrecen rutas en bici pola área de Vigo para coñecer a súa historia, mentres a familia ao completo goza dun agradable paseo en bicicleta convencional ou eléctrica. A orografía da cidade permite ademais escoller percorridos avanzados para ciclistas expertos ou cómodos paseos como a Senda Azul ou o clásico traxecto entre o barrio de Bouzas e a praia de Samil.

4. NATURNOVA. Unha viaxe didáctica pola natureza.

Visita en familia o espazo Naturnova, o gran centro de educación ambiental da sede Afundación Vigo. Ao longo dos seus 37 módulos, organizados en tres áreas temáticas: O Universo, A Biosfera e o Home e o Medio, poderedes coñecer curiosidades do noso planeta e do medio que nos rodea dunha forma lúdica, dinámica e participativa.

5. COÑECE A HISTORIA PESQUEIRA NO “MUSEO DO MAR”

O Museo do Mar de Galicia ten unha das máis completas exposicións permanentes de Vigo, que combina con mostras temporais, sempre relacionadas co mundo do mar e a pesca. Nel poderás coñecer toda a historia da actividade pesqueira de Galicia: pesca, marisqueo, acuicultura e os métodos de conservación, desde a primitiva salgadura ata o moderno conxelado, pasando polos avances técnicos nas embarcacións ou a bioloxía mariña.

Ademais, no acuario do museo poderás observar unha mostra a pequena escala do tránsito submarino que vai desde o museo ata a costa atlántica das Illas Cíes, percorrendo tres ecosistemas: costa, ría e illas.

Etiquetas: