Actualidade

mércores, 22 Marzo, 2023 - 19:22
Turismo de Vigo

Un Vigo de mar:

Queres saber como unha pequena vila mariñeira se converteu na urbe máis grande e cosmopolita de Galicia? Convidámoste a coñecer a nosa historia a través das salas e vitrinas do Museo do Mar e do Museo da Industria Conserveira. Elas contaranche todos os segredos dun Vigo nacido e transformado polas súas augas.

Se queres empaparte da esencia dun auténtico barrio mariñeiro, achégate a Bouzas. As súas rúas empedradas, o seu porto e as súas xentes atraparante...

venres, 10 Marzo, 2023 - 09:36
Turismo de Vigo

Medran os días e a luz ampliada polo espello que é a ría inunda todos os recunchos.

Aparecen os primeiros brotes e a herba volve medrar.

Na ría brincan os peixes gozando dos ricos nutrientes que comezan a aflorar coas augas oceánicas profundas que penetran no estuario.

Hai máis veleiros na ría e máis sendeiristas nas rutas litorais.

Visítannos as aves mariñas que buscan o norte: gaivotas, corvos mariños, pardelas, pentumeiros,...

luns, 20 Febreiro, 2023 - 10:50
Turismo de Vigo

Entroido en Vigo é unha das celebracións favoritas dos galegos, unha cita vinculada a ritos de fertilidade e protección das colleitas, incorporada despois como rito cristián no que celebrar a abundancia e na que despedirse do bo comer e do bo beber por un tempo.

En Galicia, hai tantos entroidos como localidades, e en Vigo celébrase entronizando ao Meco: deus do Entroido. Durante o reinado deste permisivo deus todo é posible e todo é foliada: as comparsas ...

sábado, 7 Xaneiro, 2023 - 12:34
Turismo de Vigo


Parece que o 2023 trouxo de todo e a uns prezos incribles. Ven e verás...

E cando te canses de percorrer os Centros Comerciais Abertos, de ver escaparates e compras, podes merendar ou tomar un café quentiño nalgunha terraza ou ao abrigo dunha cafetería.

E se che gustan os centros comerciais, os nosos están esperándote cheos de ofertas.

Volve a Vigo. Atoparás o obxecto ou servizo que...

Páxinas