PRIMAVERA EN VIGO
venres, 10 Marzo 2023

Medran os días e a luz ampliada polo espello que é a ría inunda todos os recunchos.
Aparecen os primeiros brotes e a herba volve medrar.
Na ría brincan os peixes gozando dos ricos nutrientes que comezan a aflorar coas augas oceánicas profundas que penetran no estuario.
Hai máis veleiros na ría e máis sendeiristas nas rutas litorais.
Visítannos as aves mariñas que buscan o norte: gaivotas, corvos mariños, pardelas, pentumeiros, mascatos, carráns, garzas. Cruzan o ceo ou danzan na fina area das nosas praias, antes de mergullarse nas ondas buscando alimento nun fascinante espectáculo gratuíto.
No centro da cidade a xente pasea sen présa polas rúas peonais, que se inundan de risas e voces. E en cada esquina xorde unha terraza nova na que deterse a gozar da vida.
Ven a Vigo, descubrirás a súa luz na primavera e como a brisa vólvese máis sutil mentres te empuxa ás Cíes, que agardan, renovadas polo inverno, a túa visita.
Ven