Actualidade

luns, 1 Xullo, 2024 - 14:18
Turismo de Vigo

As festas de Bouzas son, seguramente, as festas máis famosas de todos os barrios de Vigo grazas a gran espectáculo pirotécnico que as pecha: os fogos de Bouzas. Celébranse dende o 18 ao 23 de xullo. Durante 5 longos días o barrio énchese de postos de comida, bares ao aire libre, atraccións para nenos (e non tan nenos) e de verbenas.

A festa celébrase en honor ao Cristo...

luns, 10 Xuño, 2024 - 13:12
Turismo de Vigo

Aínda non coñeces as praias de Vigo? Son un dos maiores atractivos da cidade. As praias da ría de Vigo sorprenderante: nada que ver con outros areais urbanos pouco atractivos, incómodos ou abarrotados. A 10 minutos do pleno centro de Vigo, as praias son de area branca e fina, augas transparentes e para todos os gustos: praias familiares, calas salvaxes, areais con ondas para practicar deportes acuáticos e tamén praias nudistas. En 2024, 12 praias de Vigo foron distinguidas coa ...

luns, 13 Maio, 2024 - 11:52
Turismo de Vigo

Os concertos en Castrelos son únicos: se tes a sorte de que a túa estancia en Vigo coincida cunha noite de concerto no Auditorio de Castrelos, nin o penses, vai!

Castrelos é o único auditorio ao aire libre de Vigo, un lugar máxico. Está situado en pleno Parque de Castrelos e ten unha parte de pago con aforo para unhas 5.000 persoas, pero detrás deste enorme foso hai gradas de acceso gratuíto para máis de 10.000 persoas.

O Auditorio de Castrelos...

xoves, 2 Maio, 2024 - 10:49
Turismo de Vigo

O encontro do sector naval en España 21, 22 e 23 de Maio de 2024

A Feira Internacional de Industria Naval de Vigo, Navalia, é a primeira feira de España e o Sur de Europa no seu sector. A feira, centrada na construción naval, combina a exhibición con xornadas de traballo e máis de 40 relatorios cada ano. Celébrase en maio noInstituto Feiral de Vigo, con máis de 20.000 profesionais e unha cifra superior aos 5.000 millóns de euros de negocio.

Pistas e recomendacións: ...

Páxinas