Actualidade

domingo, 8 Outubro, 2023 - 12:31
Turismo de Vigo

Celebraches algunha vez o Samaín en Vigo? Moito antes de que Halloween inundase o mundo, os celtas xa celebraban a noite do 31 de outubro o Samaín, festa celta dos defuntos, para celebrar o final da temporada de colleitas. Era unha época de abundancia, dedicada a preparar a conservación dos alimentos para pasar o inverno. 

Esa noite, de fortes connotacións espirituais, desaparece o límite entre o mundo dos vivos e o dos mortos, e para que os mortos pasen de largo, decóranse as casas con grotescos adornos para espantalos…...

luns, 2 Outubro, 2023 - 00:00
Turismo de Vigo

Sen plans para viaxar nesta época? Fai as maletas e ven a Vigo. 

Chegou o outono, e con el, un dos mellores momentos do ano para gozar dos parques e bosques de Vigo. A luz é máis tenue e as follas das árbores caen deixando unha fermosa alfombra multicolor irresistible para os amantes da fotografía.

E si o teu é o deporte, o cinto de parques forestais que rodean a cidade, fana ideal para saír a facer sendeirismo ou...

xoves, 1 Xuño, 2023 - 00:00
Turismo de Vigo

Apetéceche un tour panorámico de Vigo? Se viaxas a Vigo con nenos ou simplemente non che apetece camiñar, o bus turístico de Vigo é unha excelente elección para ver o máis destacado da cidade con comodidade. 

Desde a planta descuberta do bus turístico de Vigo poderás visitar algunhas das zonas máis emblemáticas da cidade. Grazas ao sistema de locución, dispoñible en varios idiomas, descubrirás que  entre as rúas Policarpo Sanz e García Barbón se concentra a maior parte da oferta museística de Vigo, así como a...

mércores, 22 Marzo, 2023 - 19:22
Turismo de Vigo

Un Vigo de mar:

Queres saber como unha pequena vila mariñeira se converteu na urbe máis grande e cosmopolita de Galicia? Convidámoste a coñecer a nosa historia a través das salas e vitrinas do Museo do Mar e do Museo da Industria Conserveira. Elas contaranche todos os segredos dun Vigo nacido e transformado polas súas augas.

Se queres empaparte da esencia dun auténtico barrio mariñeiro, achégate a Bouzas. As súas rúas empedradas, o seu porto e as súas xentes atraparante...

Páxinas