Vigo Premium

por terra, mar e air

Programa

Se es amante dos detalles exclusivos, esta é a túa escapada para coñecer Vigo por terra, mar e aire.

Recollerémoste ao chegares para levarte ao hotel nun vehículo de gama alta con chofer.

Gozarás dunha estancia 5* nun precioso pazo ao lado da praia, ou nun magnífico hotel no centro de Vigo, onde ademais poderás deixarte mimar cunha sesión de spa e saborear a nova cociña galega nun recoñecido restaurante da cidade.

Descubrirás a beleza da ría de Vigo navegando ata as Cíes nun veleiro ou nun iate con motor. E como colofón, vivirás unha emocionante experiencia sobrevoando a fermosa costa en helicóptero.

Un plan de altos voos!

Prezo

620,00 €/persoa (Mínimo 4 persoas)

O prezo inclúe:

  • Traslados privados aeroporto-hotel-aeroporto
  • Estancia de 2 días/1 noite en hotel de 5* en réxime de aloxamento e almorzo
  • Acceso ao club termal
  • Cea con menú degustación, bebidas non incluídas (consultar suplemento).
  • Alugamento de veleiro ou iate con patrón (5 horas)
  • Voo de 15 minutos en helicóptero (mínimo de 4 persoas)
  • Detalle de benvida
  • Seguro de viaxe

Información práctica