Teatro Afundación Vigo
Coñece o teatro máis espectacular de Vigo
O Teatro Afundación Vigo é o teatro máis espectacular da cidade: óperas, música clásica, teatro, ballet… Todas as artes escénicas pasaron por este teatro, o antigo Teatro García Barbón: unha das obras arquitectónicas emblemáticas de Vigo.
Ocupa o sitio do antigo teatro Rosalía de Castro, que se incendiou en 1910 durante un baile de Entroido. Foi entón cando a familia do filántropo José García Barbón encargou ao arquitecto Antonio Palacios un novo edificio.
Consulta a programación do teatro e compra entradas directamente en liña.
O Teatro Afundación ten programación todo o ano: reserva a túa entrada se a túa estancia en Vigo coincide con algún espectáculo que che interese. A magnificencia deste teatro cativarate, e a súa impecable acústica, tamén. Calquera escusa é boa para visitalo.
Información práctica
-
C/ Policarpo Sanz, 13
-
Teléfono:986 120 078
-
Correo electrónico: