Sede Afundación Vigo
Descubre a arte galega contemporánea
A Sede Afundación Vigo é un dos grandes centros de exposicións en Vigo. A rehabilitación da fermosa Casa Bárcena a principios da década de 2000 foi todo un fito na cidade. O impresionante edificio de estilo eclecticista deseñado por Jenaro de la Fuente no século XIX converteuse na Sede Afundación Vigo, para servir de catalizador das demandas sociais e culturais da cidade de Vigo.
O edificio ofrece un fermoso xardín interior, que inunda de luz todas as plantas. De toda a súa superficie, 3.000 m² están dedicados á Colección Afundación, considerada a mellor colección privada de arte galega do mundo: 4.000 obras de artistas galegos como Colmeiro, Lugrís, Seoane, Lamazares, Maside… das que están expostas 120, organizadas nun recorrido didáctico.
Ademais, na Sede Afundación Vigo hai 3 salas de exposicións temporais de diversa índole, procedentes de diferentes museos ou coleccións privadas. Estas conviven con espazos de divulgación científica ou etnográfica e percorridos artísticos, novos ou consagrados.
Conta tamén coas aulas de formación e obradoiros de creatividade, nos que se desenvolven numerosos cursos como fotografía, multimedia… e cursos de cociña ou cata de vinos.
Consulta a programación da aula de viños.
Consulta a programación da aula de cociña.
Se viñeches a Vigo con nenos, interesarate Naturnova, a área dedicada aos máis novos.
Se viaxas a Vigo por negocios, podes consultar a dispoñibilidade de espacios da Sede Afundación Vigo para celebrar os teus encontros, actos ou reunións de traballo.
Información práctica
-
C/ Policarpo Sanz, 24-26
-
Teléfono:986 120 078 / 986 828 200
-
Correo electrónico:
Luns a venres: de 18:00 a 21:30h
Sábados, domingos e festivos: de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:30h