Instituto Ferial de Vigo
O Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) é un recinto ideal para celebrar feiras en Vigo, salóns profesionais, exposicións e congresos de gran magnitude tanto polas súas dimensións como pola súa estratéxica situación: está pegado ao Aeroporto de Vigo e ten acceso directo ás principais vías de entrada á cidade en coche ou bus.
O recinto conta con 3 pavillóns de 8.000, 10.000 e 12.000 m² respectivamente, ademais de varias salas de menor tamaño idóneas para reunións de traballo, ceas de empresa, pequenos congresos ou conferencias. As dimensións destas salas oscilan entre os 100 e os 160 m².
Ademais do enorme espazo e a súa funcionalidade para adaptarse a grandes ou pequenas citas, o máis atractivo de IFEVI son os servizos que presta aos organizadores de eventos: desde o catering ao servizo de azafatas, pasando por tradución simultánea ou comunicación.
IFEVI é seguramente o espazo máis polivalente para organizar un gran evento en Vigo, xa que ten capacidade tanto para albergar grandes feiras internacionais, como Conxemar, a congresos ou reunións de traballo para grupos reducidos.
Información práctica
-
Avda. do Aeroporto 772, Cotogrande
-
Teléfono:986 486 144
-
Web:Correo electrónico: