Estatísticas

O perfil maioritario de turista en Vigo é o dunha persoa nova, duns 35 a 40 anos, español e que viaxa en coche para pasar na cidade uns días cos amigos ou a familia. Ese viaxeiro tipo é o resultado das frecuentes estatísticas de turismo que se realizan en Vigo para coñecer mellor ao visitante, co obxectivo de ofrecerlle sempre un produto turístico diferente e adaptado ás súas necesidades.

Elementos máis valorados: a gastronomía galega, a vida cultural de Vigo, as Illas Cíes e, sobre todo, a xente son os principais encantos para os visitantes.

Turismo español: dos máis de 25.000 visitantes que en 2011 se pasaron pola Oficina de Turismo de Vigo, 19.000 procedían de diferentes puntos de España, principalmente de Madrid, Andalucía, Castela e León e Cataluña.

Cruceiristas: máis de 250.000 cruceiristas desembarcaron en Vigo o pasado ano, procedentes dos transatlánticos máis famosos do mundo: Independence of The Seas, Queen Mary 2…

Turista estranxeiro: ademais do que chega en cruceiros (principalmente británico), Portugal aporta unha das cifras máis considerables de turistas estranxeiros a Vigo, grazas á súa proximidade e ás boas comunicacións que existen entre as principais cidades portuguesas e o sur de Galicia. Ao país veciño séguenlle Francia, Alemaña e Arxentina.

Turista urbano: o que teñen en común a maioría dos turistas que chegan a Vigo é que máis do 70% chega desde cidades e vén a Vigo como un destino ideal para un city break cómodo e económico.

Se queres máis información e estatísticas turísticas sobre Vigo podes consultar:

Tamén podes descargar as últimas estatísticas turísticas sobre Vigo.