Un mar de sabores
Comer en Vigo somerxerate nun mar de sabores únicos. A súa cocina é moito máis que unha experiencia gourmet ou unha oportunidade para catar o mellor marisco da ría de Vigo a bo prezo: é todo un ritual. A cultura gastronómica galega en Vigo manifestase en todos os costumes diarios: do aperitivo ás tapas e as cañas despois do traballo, ou o churrasco en familia da fin de semana.
Ademais, hai decenas de festas gastronómicas en Vigo dedicadas a exaltar os produtos galegos e temos pratos que forman parte do receitario clásico español, como a empanada ou o polbo á feira.
No éxito da cociña de Vigo conflúen varios factores: a riquísima tradición da cociña galega, unha das máis variadas, saborosas e recoñecidas de España; a diversidade de opcións gastronómicas para comer en Vigo e o excepcional porto de Vigo, que fornece a mellor materia prima á nosa lonxa, mercados de abastos e restaurantes.
A que esperas para degustar o noso mar de sabores?