Club Financieiro de Vigo
O Club Financeiro é unha excelente opción para organizar un evento profesional no centro de Vigo de calquera tipo, desde unha conferencia a unha xornada de traballo. O Club Financeiro conta con todos os servizos para este tipo de citas, desde equipos de videoconferencia e tradución simultánea a comedores privados, restaurante ou departamento de relacións públicas.
Ten varios salóns, ademais dun auditorio, unha sala de exposicións e varias aulas de formación.
Pistas e recomendacións:
Interésache organizar o teu evento en Vigo no Club Financeiro se necesitas facer contactos profesionais: todos os empresarios da cidade pasan por este activo club.
Información práctica
-
C/ García Barbón, 62
-
Teléfono:986 447 220
-
Correo electrónico: