Acerca de Turismo de Vigo
Turismo de Vigo é unha área de traballo primordial da Concellería de Comercio, Industria, Turismo e Pemes do Concello de Vigo. Ao fronte do departamento municipal está actualmente o edil Cayetano Rodríguez Escudero, que coordina a un equipo técnico dedicado á promoción turística de Vigo e ao apoio ao sector local.
Actualmente está en desenvolvemento o “Plan de Competitividade Turística de Vigo. Turismo Urbano e de Ría”, froito da colaboración entre o Concello de Vigo, o Instituto de Turismo de España (Turespaña), a Xunta de Galicia e a Federación Provincial de Empresarios de Hostalería de Pontevedra.
O plan persegue o aumento da demanda e a internacionalización do turismo en Vigo, o aumento de ingresos e rendibilidade, a desestacionalización do turismo, a consolidación do emprego nos servizos complementarios, a diminución da temporalidade e a mellora da calidade no emprego.
A mellora desta páxina web e a promoción de Vigo nas redes sociais son actuacións enmarcadas neste Plan de Competitividade Turística.
Máis información no Convenio para o desenvolvemento do Plan de Competitividade Turística.
Contacto de Turismo de Vigo
Concellería de Comercio, Industria, Turismo e Pemes
Praza do Rei, 1
36202
Vigo
Tel.: 986 810100
Mail: turismodevigo@vigo.org
Oficina de Recepción de Visitantes – Información Turística de Vigo
López de Neira, 8 - Bajo
Tlf: 986 224 757
Mail: turismodevigo@vigo.org