Programa ViveVigo Incoming

VIVEVIGO INCOMING. Exp. 4595/104
Unha vez finalizado o procedemento de convocatoria pública e de valoración das propostas presentadas en prazo teñen resultado seleccionadas para participar no programa municipal ViveVigo Incoming 2013 as seguintes axencias de viaxe:
Bivestour, Abramar, Viaxes Amaia, Vioviaxes e Viaxeiros.
Iníciase agora a fase de concreción do producto receptivo e plan de comercialización e promoción.

O que se publica para xeral coñecemento.

_______________________________________________________________

ViveVigo Incoming é un programa que Turismo de Vigo pon en marcha para fortalecer o sector turístico de receptivo da cidade de Vigo. A campaña pretende incentivar a recepción turística entre as axencias minoristas da cidade e, adicionalmente, entre as axencias minoristas de fora de Vigo con experiencia previa en xestión de receptivo na cidade. Poñemos a disposición destas axencias minoristas unha serie de produtos turísticos de receptivo para a súa promoción e comercialización.

ViveVigo Incoming converterase na principal oferta turística de receptivo da cidade, recopilando diferentes produtos turísticos no destino Vigo, facilitando a promoción e comercialización dos mesmos a través dun concepto común, ViveVigo Incoming.

Ábrese o prazo de inscripción no programa ViveVigo Incoming, que forma parte do Plan de Competitividade Turística de Vigo.  (Exp. 4595-104)

Este programa está dirixido a todas aquelas axencias de viaxes que estean interesadas en incorporar a nosa cidade no seu catálogo de produtos e así converterse en parte activa da promoción de Vigo como destino turístico.

No dossier informativo sobre esta iniciativa encontrará, ademais, o Formulario de inscrición. Para participar basta con que completar os datos solicitados e remitalo por correo a Turismo. Concello de Vigo. Pza. Do Rei, s/n. 36202 Vigo, ou ao correo electrónico ofi.turismo@vigo.org.

Poden encontrar máis información sobre este programa e descargar a versión online do Formulario de Inscrición no seguinte enlace.

O prazo de presentación de solicitudes remata ás 00:00 horas do día 28 de marzo de 2013.

Para calquera consulta, non dubide en contactar con nós a través do correo electrónico: info@vivevigoincoming.org

Concellería - Delegada da Área de Industria, Turismo, Cultura e Festas do Concello de Vigo