Preguntas frecuentes sobre produtos
Como distinguir o bo marisco? Como cocer o polbo ou preparar unha centola da ría?... O encargado de conducir o programa de cociña máis popular da televisión de Galicia, Benigno Campos, dános algunhas pistas para saber máis sobre os produtos típicos da cociña de Vigo.
1.- Podo distinguir se o marisco é da Ría de Vigo só polo seu aspecto?
Sen dúbida. Un dos mariscos máis fáciles de distinguir é o centolo, se é da ría ou francés. E o percebe tamén. A nécora, o camarón ou o lumbrigante son máis complicados de diferenciar, sobre todo se son irlandeses. O lumbrigante canadense si vese ben: é máis vermello e coa cabeza máis grande.
2.- Como distinguir unha sardiña galega dunha do mediterráneo?
Ponas sobre a grella: a sardiña galega solta unha graxa especial e característica que ten entre a pel e a carne e molla abundantemente o pan. A mediterránea é máis seca, xa que é un mar máis quente.
3.- Cal é a maneira correcta de abrir as ostras?
Na parte plana hai, nunha esquina, unha especie de bisagra onde hai que pinchar, coa parte cóncava da cuncha cara abaixo. Isto permítenos separar a carne da cuncha. A continuación, ao gusto de cada un, pódese servir en calquera das dúas partes.
4.- Como sei se unha nécora é macho ou femia?
Pola cuncha: ten unha lingüeta que, se é puntiaguda e triangular é macho; mentres que se é máis redondeada, é femia.
5.- Que meses son os mellores para comprar polbo?
Todos aqueles que teñan a letra “r”: neses meses, o oco característico que teñen no centro de cada porción ao cortalo está totalmente recheo. O resto do ano pódese comer e está rico, pero neses meses é excepcional.
6.- Hai algunha maneira de saber cal é a tenreira galega?
A simple vista non, pero ten un selo identificativo e oficial que é a súa garantía de calidade.
7.- Que tal va na cociña o porco celta?
É un material excelente. De feito, xa estivo moi presente no pasado gastronómico de Galicia e agora está a recuperarse. Ten un sabor tan bo como o ibérico.