A polbeira
Aínda que en Vigo nos encanta sentarnos ante unha boa mesa, tamén temos cociña de rúa, e o prato máis característico é o polbo “á feira”, un manxar que tradicionalmente preparan as famosas polbeiras (tamén encontrarás polbeiros), nas súas olas de cobre. Se te encontras con algunha, non deixes pasar a oportunidade de probar esta especialidade.