Parque Forestal Monte Alba-Cepudo (Valadares)

Unha excursión á capela do Monte Alba

Se estás a buscar as mellores vistas de Vigo, no miradoiro do monte do Cepudo encontrarás sen dúbida unhas das máis impresionantes. Este parque forestal, enclavado no fermoso Monte Alba, repártese en máis de 40.000 m². Ascende ao cumio, onde está a capela da Nosa Señora do Alba, que formaba parte dun castelo, e deléitate coas súas espectaculares vistas da ría de Vigo.

Pistas e recomendacións: 

É moi sinxelo realizar este percorrido seguindo a ruta de sendeirismo Monte Alba-Outeiros  PR-G9

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo

Información práctica


Ubicación: Valadares

Superficie: 42.200m2

Servizos: bar, restaurante, fonte, miradoiro, teléfono, mesas e barbacoas

Acceso: dende a estrada de Valadares tómase o acceso ao monte Alba e a suba ao monte Cepudo.