A oliveira e o miradoiro sobre a ría
A oliveira, símbolo da cidade
O miradoiro da oliveira é o sitio favorito dos vigueses para contemplar a ría de Vigo: un lugar máxico, enclavado en pleno centro urbano, fronte a unha das prazas máis coquetas da cidade, a da Fonte, en pleno Paseo de Afonso XII.
A oliveira é un dos símbolos máis importantes de Vigo, de aí o de cidade olívica. Esta árbore remite a un pasado no que Vigo estaba rodeada de oliveirais, que os Reis Católicos ordenaron arrasar como castigo porque os nobres vigueses apoiaron a “a Beltranexa”, infanta castelá que reclamaba a súa coroa.
Esta oliveira centenaria recorda esa historia, a historia de Vigo, pero fala tamén do futuro: porque Vigo crece, como a árbore que a identifica, forte e sen deterse.
A oliveira actual é filla das oliveiras históricas de Vigo e, á súa vez, xa hai novas xeracións preparadas por se morrese a actual árbore. É a nosa "árbore de Guernika" particular.
Se baixas polas vertixinosas escaleiras que verás detrás da árbore, chegarás á parte baixa do barrio histórico.
Información práctica
-
Paseo de Alfonso XII