Artesanía

Paixón polos oficios tradicionais

Vigo mantén a súa tradición artesá intacta, coma unha homenaxe a épocas xa pasadas nas que os utensilios que hoxe utilizamos de adorno eran útiles de traballo. Materiais como o coiro, a madeira, a cerámica, e oficios como a encadernación, os encaixes ou a ourivaría adoptan novas formas con antiquísimas artes.

Percorrendo os comercios artesanais do Vigo Histórico podes levarte un tradicional cesto tecido a man ou regalarte uns modernos pendentes realizados en papel, xoias ou esmaltes, pero o que non podes perderte é a cestaría de Vigo, un dos oficios máis antigos da cidade.

Di unha antiga canción popular galega “somos probes cesteiros, cestos que compoñer”.

Os cestos, que aquí se utilizaban para gardar peixe ou  produtos da horta, facíanse con materiais variados, desde xuncos a madeira de carballo. Na rúa dos Cesteiros chegaron a traballar xuntos 20 artesáns, e hoxe as cestas ofrecen unha postal fabulosa, amoreadas nas portas dos seus comercios.

Amosar como listado
Pistas e recomendacións: 

A rúa dos Cesteiros está en pleno barrio histórico de Vigo, unha visita obrigada. Percorrer a súas intrincadas rúas e deterte nos seus fermosos edificios transportarate a un Vigo moito máis antigo. Non perdas a oportunidade de ir de tapas polo barrio histórico, e mellor se as acompañas dun viño albariño, con denominación de orixe Rías Baixas.

Información práctica: 

Podes consultar a listaxe completa de artesáns de Vigo en

www.galegadeartesans.org/