As ostras son a perla gastronómica da ría de Vigo. Cultívanse en Arcade e cada mañá...
A palabra mariscada debeu inventarse en Vigo, e se non foi así, ganámola a pulso. En ningunha outra cidade de España poderás gozar tanto do marisco como en Vigo: lagostinos, nécoras ou centolas da ría de Vigo comparten bandexa con percebes e camaróns, auténticos bocados de mar. Sen esquecernos do polbo, os chocos, as luras… ou os mexillóns e as famosas ostras de Vigo.
Nas rías galegas hai máis de 3.000 bateas. Non en van restaurantes excelsos como o histórico Bulli ou Mugaritz fornécense nelas para ofrecer os seus produtos do mar.
Outro bocado excepcional son os pescados. Nos mercados hai especies para todo tipo de pratos, desde os humildes pescados de rocha ata os excelsos rodaballos ou robalizas salvaxes. A acuicultura tamén permitiu popularizar os prezos de moitas especies conservando un alto nivel de calidade.
Coñece un pouco máis os produtos da ría de Vigo:
A gastronomía viguesa vive estreitamente ligada á gran Lonxa de...