Praia da Fontaíña
A praia tranquila da Sereíña
A praia tranquila da Sereíña
A tranquila e recollida praia da Fontaíña, máis coñecida como “a Sereíña”, é un dos segredos mellor gardados dos vigueses: se lles preguntas por unha praia, enviarante a Samil ou ao Vao, pero toda a costa viguesa está espallada de pequenas praias e calas, moito menos concorridas. E a Sereíña é unha das praias máis resgardadas da brisa, a súas augas destacan pola súa limpeza e a súa area é branca e fina. Perfecta para ir en familia ou gozar dun relaxado día de praia en parella. É unha praia accesible, con pasarelas de madeira que chegan á area.
Pistas e recomendacións:
A Sereíña debe o seu nome a unha escultura situada enriba dunha rocha na praia.
Información práctica
-
A Sirenita - Fontaiña
Dimensións: 280x40m
Bandeira Azul 2016
Liñas de autobús urbano:
L10
y
L11