Cicloturismo

Paseo en bici polo Vigo natural

Vigo é un destino ideal para practicar cicloturismo en España: o seu clima único en todo o sur de Galicia, suave durante todo o ano, a súa proximidade ao mar, os seus fermosos montes e paraxes naturais… Aquí poderás gozar sempre de longas rutas en bici.

A pesar das súas famosas costas e a súa intrincada orografía, hai moitísimos afeccionados ao ciclismo en Vigo. E o contorno natural da cidade é agradecido. Así, para practicar bici de montaña, nada como os parques forestais que rodean a cidade. Nalgúns, como no de Fragoselo, organízanse incluso carreiras de mountain bike coas principais figuras del deporte nacional.

En Vigo tamén hai rutas para a bici máis extrema: O'Marisquiño, un festival urbano anual, inclúe un salvaxe down-hill en pleno centro da cidade, e exhibicións de BMX de nivel internacional.

Pero se o que queres é facer turismo en bicicleta por Vigo e pedalear tranquilo, a Senda da Auga é a túa ruta: paralela á ría e cunhas marabillosas vistas da ría de Vigo. Tamén podes facer unha ruta costeira en bicicleta por Samil ata Toralla, ou seguir a Senda Azul desde o río Lagares ata o borde do mar.

Para un paseo en bici con nenos hai áreas máis curtas e cómodas, como o Paseo Marítimo de Bouzas, rodeando a praia do Adro. Tamén hai unha vía ciclista na Avenida de Castelao, no barrio de Coia.

Galería de imaxes: 
Turismo de Vigo
Turismo de Vigo