Senda Azul
Un paseo fluvial da cidade ás praias de Vigo
A Senda Azul, que inclúe a chamada senda do río Lagares, é un tranquilo paseo fluvial de Vigo ás praias. Á ruta do Lagares é posible acceder desde numerosas rúas do centro de Vigo e percorrelo en pequenos tramos: a súa lonxitude total ata a praia de Samil é duns 8 km. Unha vez terminado o percorrido xunto ao río, pódese proseguir pola Senda Azul, cuxo trazado inclúe o paseo xunto ao río e continúa polas praias de Vigo con Bandeira Azul.
Este paseo xunto ao Lagares pódese comezar xunto á avenida de Madrid, preto do seu final. Non hai máis que separarse da vía asfaltada pola dereita e comezar a camiñar pola senda habilitada xunto ao río, pola que iremos pasando xunto a distintos elementos etnográficos. Os principais sitúanse en torno ao parque de Castrelos, o máis grande do centro da cidade. Superado o parque, separándose lixeiramente cara a dereita da senda, no que era o antigo leito do río, agora entre varios edificios, aínda podemos contemplar os restos dun rechamante ponte románico.
Tras pasar xunto ao estadio de Balaídos, o río intérnase nunha zona menos urbana e máis protexida polas árbores.
Unha vez na desembocadura do río, se se quere seguir a Senda Azul polas praias de Vigo, hai que elixir xirar á dereita para camiñar outros 4,5 km en dirección ao centro da cidade, ata o barrio mariñeiro de Bouzas pasando polos areais de O Cocho e Mourisca, entre outros, ou cara á esquerda para facer 2,6 km ata as praias do Vao e Canido, xunto á illa de Toralla e os seus restos arqueolóxicos.
Información práctica
Distancia: 8,3 quilómetros
Duración do percorrido: dúas horas.
Dificultade: baixa.
Tipo de ruta: non circular.