Saiáns
O Vigo máis natural
Saiáns agocha algunhas das praias de Vigo máis espectaculares. Ademais, en só 1,82 km², o barrio máis occidental de Vigo combina o encanto de ser unha zona case completamente rural cun rico patrimonio arqueolóxico: os seus primeiros restos datan da Idade de Bronce. O parque forestal de Saiáns é un dos máis belos de Vigo, o cal é moito dicir nunha cidade rodeada de montes e sendeiros naturais. Un lugar ideal para practicar sendeirismo mentres se goza de belas vistas á ría de Vigo.
Percorre o conxunto etnográfico de Estea, no parque forestal de Saiáns, a través dun sendeiro fácil e moi ben sinalizado, no que se atoparon hachas da Idade do Bronce.
Tamén é interesante visitar o Castro do Monte das Medoñas.
Desde 1995 existe a Aula da Etnografía e a Natureza, que intenta recuperar os instrumentos propios da cultura tradicional galega.
Información práctica
Habitantes: casi 4.000