Monumento a Jules Verne
A escultura de Verne, embaixador literario de Vigo
Se hai un monumento imprescindible en Vigo, ese é o monumento a Jules Verne. O xenial escritor dedicou un capítulo a “A Baía de Vigo” nun dos seus libros máis famosos, 20.000 leguas de viaxe submarina, alimentando a lenda sobre o tesouro de Rande a través do popular personaxe do Capitán Nemo e o seu famoso Nautilus. Jules Verne incluso veu a coñecer a cidade, tempo despois de escribir a novela. Así que, para agradecerllo, no centenario da súa morte (2005), a Asociación de Mulleres Empresarias de Pontevedra encargou esta escultura de bronce a artista vigués José Molares e doouna á cidade. Desde entón o escritor está sentado sobre os tentáculos dunha lura xigante nas Avenidas, xunto aos xardíns de Montero Ríos.
Na cidade existe incluso a Sociedade Verniana de Vigo. É unha particular agrupación entre a que figuran periodistas, artistas ou escritores, para honrar a memoria do noso escritor predilecto.
Dá un paseo polos xardíns de Montero Ríos, desde a Estación Marítima de Vigo ata a Praza da Estrela, se queres gozar da escultura: ademais de encontrarte con Jules Verne poderás admirar o conxunto escultórico do Nadador de Francisco Leiro.
Información práctica
-
Paseo de As Avenidas