A industria conserveira
A historia de Vigo a través das conservas
Vigo é famosa pola súa industria conserveira. O primeiro gran empuxón na nosa historia industrial debémosllo aos empresarios cataláns que, a finais do século XVIII, comezaron a instalarse na cidade atraídos por un produto estrela, a sardiña. Eles puxeron en marcha no século XIX a potente industria conserveira de Vigo, e grazas a apelidos como Curbera, Albo, Molíns, Sensat, Alfageme, Portanet ou Barreras, hau un pedaciño de Vigo en todos os supermercados do mundo.
En 1904 creouse a Unión de Fabricantes de Conserva de Vigo, xerme da que hoxe é Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescado y Marisco, ANFACO, con sede en Vigo.
Podes visualizar esa parte da nosa historia percorrendo o Vigo Histórico, unha das zonas urbanas máis fermosas de Vigo, onde aqueles empresarios construíron os seus fogares, e descubrir como evolucionou o sector desde entón, visitando o Museo Anfaco da Industria Conserveira.
Se es un apaixonado da historia pesqueira e conserveira, chegaches á cidade ideal para ti: no Museo do Mar de Galicia podes visitar unha exposición permanente dedicada á historia da pesca e os pescadores galegos e vigueses.
Información práctica
-
Museo Anfaco de la Industria Conservera
-
Ctra. Colegio Universitario, 16
-
Teléfono:986 469 301